deserto

Zona seca, de escasa vexetación e con baixa densidade de poboación

Etimoloxía

Termo que atopamos no latín como desertus.

Exemplos *

“Eses desertos do sur de Estados Unidos, o sol sempre no alto, (...) unha vila cuxa localización é secreta (só ten un código postal, en Santa Fe), xente que intenta seguir a súa vida pese a toda a anormalidade que os rodea, e unha ambientación moi coidada.” (Ana Bulnes: Disquecool, nº3, 8-2014)

“A partir dese intre, o pobo fauneo iniciou unha longa viaxe a través de áridos desertos, fértiles vales e montes escarpados, en busca dun novo lugar onde asentarse.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.