desiderata

Pedimento que fai un usuario a unha biblioteca para que adquira un fondo do que non dispón

Etimoloxía

Palabra culta que procede da latina desiderata, plural destoutra desideratum ‘cousa desexada’.

Exemplos *

“A primeira memoria do libreiros ten algunhas notables ausencias sobre as desideratas de Valle-Inclán, como o Quijote, a Enciclopedia francesa, ou as obras de Campomanes, Bayle, Kircher e Hobbes, e tamén textos do Plano de estudos da Universidade que viña de aprobarse.” (Concha Varela Orol: A Biblioteca pública da Real Universidade de Santiago de Compostela, 2007)

“E se o bibliotecario aplica a desiderata quere dicir que atenderá, dará prioridade ó que desexa o público.” (Felipe Senén: La Opinión, 5-6-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.