designio

Pensamento ou idea que alguén ten na mente levar a cabo

Etimoloxía

Palabra que se orixina no latín tardío designium ‘propósito’.

Exemplos *

“O escaso tempo da liña da súa vida estaba tinguido da cor negra da dor e do sufrimento, e ela desexaba poder desfacer aquel escuro designio pero aínda non sabía como.” (Natalia Carou: O alento nas costas, 2012)

“E abofé que non podía negar que se cumpriran os designios daquel home estirado como un alciprés sen poema, alto, de meniñas perdidas na inmensidade dos ollos que se pousaban fronte súa.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.