Eliminar total ou parcialmente a nata ou a materia graxa que contén o leite
Etimoloxía
Voz que toma como base de creación o substantivo “nata” que pénsase que poida proceder do latín tardío natta 'esteira', unha variante de matta.
Exemplos *
"E alí vemos modernas máquinas para desnatar e nunha vitrina os queixos que a mesma señora de Lluria fai coa leite das súas vacas". (Raquel C. Pico: Disquecool, 3, 2-2016)
“Volvo á infancia. Leite con pan migado. Agora é desnatado e mais en po pero non quero crer que sexa un signo dos tempos: é só contención de enfermo.” (Camilo Franco: Palabras contadas, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


