desorde

Falta de orde ou organización

Etimoloxía

Palabra derivada por prefixación sobre o substantivo “orde” que vén desde o latín ordo, -onis ‘ringleira’, ‘orde’ ou ‘disposición’.

Exemplos *

“Abrazo a desorde das ideas // e sei // que a unidade se compón. // A unidade componse. // Da desorde.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)

“O verán era a alegría e certa desorde horaria. Ás veces, mesmo podiamos saír logo de cear, cousa impensábel no inverno.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.