despedimento

Acción e efecto de despedir

Etimoloxía

Creación sobre o verbo “pedir” que vén do latín expetere ‘reclamar’, ‘esixir’ ou ‘pedir’.

Exemplos *

“E en cambio os despedimentos, do que é mal xa ves, cada día fanse máis doados...” (Xosé Manuel Martínez Oca: Os culpables, 1993)

“O custo do despedimento non foi o que provocou esta situación, polo tanto non é unha causa que haxa que atacar para poder resolver a crise.” (Luís Pousa: Galicia Hoxe, 04-05-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.