Dar por acabado
Etimoloxía
Vocábulo que procede de expetere ‘reclamar’ e derivado sobre o latino petere ‘pedir’.
Exemplos *
“Así debín beber varias copas, quedo, calado, fumando, coa ollada a despedir o dia que marchaba, alaranxado, cara a boca da ria.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)
“Caixa Galicia despide o milenio con máis de 30.000 millóns de beneficio.” (S. Riveiro: O Correo Galego, 26-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


