Aquilo que se deixa dunha cousa porque non se pode ou non se quere aproveitar
Etimoloxía
Palabra que vén da latina disperditio, -ōnis 'destrución', 'ruína, perdición', que deriva, á súa vez, de disperdĕre 'arruinar', ‘malgastar’.
Exemplos *
“Empezou a limpar o peixe mentres cantaba acompañando a música da radio. O gato de cando en vez paseaba o lombo voluptuoso polas súas pernas pedindo algunha lambetada: un desperdicio do peixe, un anaco de masa...” (Anabel Alonso López: Café só, 2011)
“De darse unha produción de lixo normal, calcúlase que ó ano se recollen unhas 100.000 toneladas de desperdicios, o que supón unhas 274 ó día.” (Axencia: Galicia Hoxe, 18-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


