Deixar sen diñeiro.
Etimoloxía
Formouse sobre pluma, procedente da forma idéntica do latín.
Exemplos *
"Botei dúas horas ben cumpridas na cantina tomando uns viños brancos co portugués para abrir o apetito e ir logo cear á casa da Pelonia, pois non apareceu pola cantina ningún paspán para desplumar …" (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
"Dous tipos puxéronse de acordo e desplumaron a outros dous…" (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa. Unha traxedia particular)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.