desprazamento

Acción e efecto de desprazar ou desprazarse

Etimoloxía

Voz derivada que nos remite ao verbo “desprazar” que é unha formación produto da suma do prefixo “des-”, o substantivo “praza” e a desinencia verbal de primeira persoa.

Exemplos *

“Para iso apostouse polo uso compartido de vehículos, o transporte público e os desprazamentos en bicicleta, ao tempo que se desenvolven campañas de concienciación e boas prácticas ambientais, pero a mobilidade continúa sendo a responsable de máis da metade das emisións da Universidade.” (Redacción: GCiencia. O portal da ciencia galega, 11-2018)

“O municipio chileno de Valparaiso acolleu a primeira edición dun evento que busca traballar por impulsar cidades máis sostibles e con desprazamentos peonís, relacionando esa mobilidade coa saúde e a loita contra o cambio climático.” (Alejandro Espiño: Pontevedra viva, 2-4-2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.