Que actúa con gran xenerosidade
Etimoloxía
Voz que procede do participio pasado do verbo “desprender” que se forma sobre “prender” que bebe do vocábulo latino prendere ‘tomar’ ou ‘agarrar’.
Exemplos *
“(...) moito presumía da súa desinteresada contribución á "festa dos Andreses", dos trofeos que se gañaron desde que el é presidente do club; moito lle gustaba demostrar que era un home sensato, calculador, serio e desprendido, sobre todo desprendido.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)
“Ao relator non lle estrañaba a actitude desprendida, xenerosa, do empresario maior, Isaac Díaz Pardo, nunca disposto a zugar plusvalías e plusvalías para adquirir avións particulares, xogar ao golf ou viaxar fastosamente ao Caribe.” (Xesús Alonso Montero: Tempos Novos, 27, 2-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


