Encontro, partida etc., que lle dá ao perdedor unha nova oportunidade para gañar nun xogo ou nun deporte
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre “desquitar” e este sobre “quitar” que vén do latín medieval quitare ‘permanecer’.
Exemplos *
“O Villarreal confía en tomar hoxe ante o Arsenal o desquite da eliminación ante o equipo inglés de hai tres anos nesta mesma competición.” (J.M.: Galicia Hoxe, 7-4-2009)
“Pero, de seguro, asistiu no mar de Rianxo aos arañados desquites entre as xeiteiras da vila e as de Vilaxoán nas regatas das festas da Virxe de Guadalupe, as derradeiras da temporada na Ría.” (Dionisio Pereira: Foulas e ronseis (Retrincos para un tratado do mar dos galegos), 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.