desterro

Acción e efecto de desterrar ou desterrarse // Lugar onde vive a persoa desterrada // Período de tempo que bota neste lugar

Etimoloxía

Vocábulo que procede de “desterrar” e este verbo deriva de “terra” que vén do latín terra ‘terra’.

Exemplos *

“Volvo do desterro puntual e involuntario, // traería a mágoa meditabunda do estraño na casa // e maila paz infinda do regreso ás miñas mans.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)

“Es condenada á vergoña pública e a vinte lategazos; a unha multa de vinte reais; a portar o sambenito durante un ano e medio e á pena de desterro de todo o territorio de Cangas durante o mesmo tempo.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.