destetar

Deixar de dar de mamar a unha cría.

Etimoloxía

Deriva de teta, co prefixo de sentido negativo des-.

Exemplos *

“Mamaches deica os tres anos, lampantín, que xa ma sacabas de pé como quen bebe dunha botella, que se non te desteto acabas comigo.” (Eduardo Blanco Amor: Xente ao lonxe)

“Como se destetan os meniños. Se o neno, despois de tomar o peito da nai e mailo biberón complementario non progresa, hai que irlle sacando a teta …” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural, popular e caseira (vol. 1))

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.