Lugar a onde se dirixe unha persoa ou cousa
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde o verbo do latín destinare ‘fixar, suxeitar, decidir, determinar’.
Exemplos *
“Marchou, por fin, e cando chegou ao lugar no que lle dixeran que había baixar procurou un taxi que a levou ata o seu destino.” (Paco Martín: A bisneta lercha. Contos de sempre para ler hoxe/ Perdición, 2006)
“Caracas foi o destino escollido polos pais de Alberto Conde para facer realidade o soño americano.” (M.B.: A Nosa Terra, 21-12-2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.