Estado de quen desvaría / Dito ou feito propio de quen desvaría
Etimoloxía
Palabra que procede do verbo “desvariar” ‘delirar’.
Exemplos *
“Podía entender que a ansiedade de Anticlea deviñese en desacougo. Ela mesma era presa dunha emoción tal que non semellaba distante ao desvarío.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Ofendédesme Pendragón, e ofendedes o nome dun nobre morto. Que se vencer a Garlois nunha batalla pode ser motivo de orgullo e de fachenda, tentar roubarlle o fillo non é máis que mostra de desvarío.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


