Privar alguén do sono, non deixar durmir
Etimoloxía
Termo formado sobre “velar”, que chega do latín vigilare ‘vixiar’, ‘non durmir’ ou ‘estar alerta’.
Exemplos *
“Máis vale pobreza en liberdade ca unha morte segura, pra quen non ten remorsos que o desvelen...” (Daría Xohán Cabana: Morte de Rei, 1996)
“Despois, desvelado, ergueuse do leito e chamou miudiño na porta da alcoba de Carmiña.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.