Doutrina que defende que todos os fenómenos dependen estreitamente dos que os preceden, están determinados por accións anteriores e non pola vontade humana.
Etimoloxía
Formouse sobre determinar, do latín determinare ‘definir’, ‘delimitar’.
Exemplos *
“… o feito de demostrar, ou pretendelo, que certos feitos parciais poidan determina-la orientación dun movemento histórico de amplo alcance, non significa nega-lo determinismo global dos feitos económicos e demográficos …” (Xulio Cabrera Varela: O combate dos deuses. Unha introducción a Max Weber)
“Son moitas as aproximacións teóricas que sucumbiron ante unha visión reducionista e simplista que coñecemos como determinismo tecnolóxico, afirmando que é a tecnoloxía a que determina a sociedade.” (Fernando Garrido: Código Cero 03-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.