Persoa da mesma familia, que viviu nun tempo anterior con respecto a outra persoa
Etimoloxía
Palabra exclusiva da nosa lingua que segundo o estudoso, Joan Corominas, é un galicismo totalmente integrado.
Exemplos *
“Neste apartado hai fotografías antiquísimas en branco e negro, algunhas pintadas, dos devanceiros da patroa.” (Teresa González Costas: Os santos nunca dormen, 2014)
“Os nosos pais, os nosos devanceiros, nós mesmos, en gran medida, pertencemos e estamos en débeda co espazo rural.” (Inés Vázquez [entrevista] : Xornal Agrario Galego, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


