devezo

Desexo moi forte

Etimoloxía

Palabra que se forma coa preposición “de” máis o substantivo latino vitiu ‘vicio’.

Exemplos *

“Sorbe o licor-café, gorentoso. É un bo contista. Domina o tempo narrativo e o devezo dos oíntes, a súa ansia por saber máis.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)

“Fronte á porta da entrada, contra o muro do fondo, tiña a mestra a súa mesa, máis nova e mellor feita, e unha cadeira de brazos dun castaño brillante co seu respaldo e todo arredondado. Sempre tiven devezos de estar sentado nela.” (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.