diafragma

Músculo transversal do tronco que, nos mamíferos, separa a cavidade torácica da abdominal, permitindo a respiración coas súas contraccións.

Etimoloxía

Chega da denominación deste músculo no latín tardío diaphragma, –atis que se adapta do grego diáphragma, –atos 'separación'.

Exemplos *

"Non podía tampouco respirar nin falar e parecía morrer en cada latexo, porque un golpe no diafragma non lle deixaba meter aire nos pulmóns." (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela)

"Cómpre ter uns pulmóns axeitados e un diafragma, que é o músculo que temos así por aquí, moi adestrado para poder saloucar, ¡ai!, con xeito." (Antón Cortizas Amado: O coleccionista de sombras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.