dial

Escala graduada nos aparellos de radio e similares, na que polo xeral se indica o número da frecuencia ou lonxitude das ondas das emisoras, as cales se seleccionan mediante unha agulla que vai dun extremo a outro da escala

Etimoloxía

Este termo procede da palabra inglesa dial que significa, entre outras cousas, 'disco xiratorio para seleccionar o axuste dunha radio ou outro tipo de equipo'.

Exemplos *

"Percorro coas unllas a tea do altofalante e logo doulle á roda do dial, que xeme coma unha roldana de xoguete." (Manuel Rivas: Comedores de patacas)

"Toni, consumido polos nervios, acendeu un cigarro e afundiuse comodamente no asento mentres Elvis procuraba unha emisora no dial, descontento coas músicas que fora encontrando." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.