Discusión ou trato para chegar a un acordo.
Etimoloxía
Aínda que nos chegou a través da forma latina dialogus, -i, procede do grego, onde se formou a partir de logos 'palabra'.
Exemplos *
"… reflexionar e actuar contra da violencia como método máis habitual de resolución de conflitos, apostando pola paz, polo diálogo e pola negociación …" (Manuel Dios Diz: A Nosa Terra 2003-01-23)
"… se descoñecemos as causas da guerra non poderemos endexamais acadar o diálogo frutífero, e non retórico, entre os individuos e os pobos, e as promesas de felicidade, xustiza e paz, devirán en contos de fadas …" (Francisco Sampedro: A violencia excedente)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


