Carbón puro que cristaliza no sistema cúbico, moi brillante e de gran dureza, que se considera a pedra preciosa de máis valor.
Etimoloxía
Termo que procede do latín vulgar diamas, –antis que é unha alteración do clásico adamas, –antis que viña do grego adamas, –antos 'indomable'.
Exemplos *
"O trapalleiro del non quería que ninguén fose máis ca el, non quería deixar perder o seu anel de ouro, o seu sombreiro, a súa gravata con prendedor de diamantes e os seus vicios." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)
"…casa de esquina, con remate labrado en ángulos mortos, eses que só facían ben os arxinas de Cotobade, que seica labran con cicel de diamante." (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.