diapasón

Pequeno instrumento metálico, curvado en forma de U, que ao vibrar emite a nota la e é utilizado para afinar os instrumentos musicais

Etimoloxía

Termo que procede do latino diapāson, que bebe do grego dià pasôn que era unha locución que significaba ‘entre as cordas’.

Exemplos *

“Pauciños, diapasón / a regular o canto dos desexos; / as maracas, esporas / para o poldro do sexo.” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)

“Era un demente ou un vingador. Agora estaba alí, a punto de entrar, ela era a próxima vítima. Un diapasón descontrolado latíalle no peito.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.