Periódico que se publica todos os días
Etimoloxía
Termo que procede do latín diarium, -i, ‘pagamento dun día’ ou ‘rexistro escrito diario’.
Exemplos *
“Papá pintárao nos anos de Madrid, cando escribía crítica de arte nos diarios capitalinos e estarricaba unha fama de bohemio facundo polos paseos de Alcalá.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
“Naceron diarios dixitais, entre eles Vieiros e A Nosa Terra” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.