diástole

Movemento de dilatación do corazón en que os ventrículos volven á posición de repouso despois do movemento de contracción.

Etimoloxía

Chegou dunha forma que o latín tomara do grego diastole ‘dilatación’.

Exemplos *

“É obriga de toda formación política estar atenta ós movementos de sístole e diástole que se producen no corazón dos distintos movementos sociais …” (A Peneira, nº 224)

“… o percutir da pel do mozo ó ritmo de sístoles e diástoles que estaba desenfreadamente a imprimirlle o seu corazón sobresaltado.” (Anxo A. Rei Ballesteros: Loaira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.