dicionario

Libro que contén palabras dunha lingua ou dunha ciencia ou materia determinada, ordenadas alfabeticamente e acompañadas dunha definición ou doutro tipo de explicación.

Etimoloxía

Palabra que deriva dun termo do latín medieval dictionarium, –i 'conxunto de palabras' que, á súa vez, véndo clásico dictio, –onis 'palabra'.

Exemplos *

"Eu non fun máis que un apuntador de teatro para el, non fun máis que un dicionario ó que chamaba para non se molestar en pasar as páxinas dun libro de leis." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

"Se alguén chamaba á porta, deixaba o dicionario sobre a cama e poñíame a ler un libro medio escanastrado de Xosé Neira Vilas" (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.