Libro que contén palabras dunha lingua ou dunha ciencia ou materia determinada, ordenadas alfabeticamente e acompañadas dunha definición ou doutro tipo de explicación.
Etimoloxía
Xorde do latín medieval dictionarium, que se formou sobre o clásico dictio, -onis que significaba 'o acto de falar'.
Exemplos *
"Alén da definición desta arte, presente en calquera dicionario ou manual, alén da denotación do termo, están esas connotacións construídas pola experiencia de cadaquen." (Marica Campo: Memoria para Xoana)
"-Por certo, búsqueme nese dicionario o significado da palabra esbardallar." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.