didáctica

Rama da pedagoxía que ten por obxecto o estudo dos métodos de ensino

Etimoloxía

Pénsase que vén do francés didactique ‘arte de ensinar’ que, á súa vez, bebe do grego didaktiké ‘ensinado’.

Exemplos *

“Aquí está, pois, a orixe, o fundamento de toda Didáctica, Pedagoxía, Metodoloxía etc., do saber.” (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: Teoría e praxe, 1992)

“Foi precisamente esa experiencia o que favoreceu a súa contratación como Profesora Asociada no Departamento de Pedagoxía e Didáctica.” (Narciso de Gabriel: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.