Conxunto de alimentos que unha persoa ou animal necesita consumir para manter a vida e a saúde
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín diaeta, que, á súa vez, procede do grego díaita ‘modo de vivir’.
Exemplos *
“Organizados en grupos pequenos, os neandertais tiñan unha dieta basicamente carnívora.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)
“Polo que se refire á dieta, a restrición calórica (...) parece estar relacionada con menor incidencia de cancros e co aumento da duración da vida.” (Josep Lluis Torres Simón: Antioxidantes naturais. Aspectos saudables, toxicolóxicos e aplicacións industriais, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.