difteria

Doenza contaxiosa, producida por un bacilo, que ocasiona a formación dunhas falsas membranas na mucosa da larinxe e da traquea, e causa unha sensación de afogamento

Etimoloxía

Termo médico procedente do equivalente francés diphtérie que bebe no grego diphtére ‘membrana’.

Exemplos *

“O meniño de Tereixa ten a difteria. Súa irmán poida que tamén. E os outros nenos da aldea e de Dodro Vello non están libres.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)

“O derradeiro caso de difteria rexistrado en Galicia ocorreu na provincia de Lugo no ano 1982.” (Juan Jesús Gestal Otero: Enfermidades infecciosas emerxentes, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.