difusión

Acción e efecto de difundir ou difundirse

Etimoloxía

Termo que bebe do latino diffusio, -onis ‘difusión’ ou ‘extensión’.

Exemplos *

“Tradicionalmente as corais na Galiza xogaron un papel moi importante na difusión da cultura galega. Na actualidade, boa parte delas xa non están nese papel.” (Lucía Carreira: Sermos Galiza, nº 51, 15-2-2018)

“Mini e Mero serán distinguidos co Pedrón de Ouro en recoñecemento ao labor de recuperación e difusión do patrimonio oral galego que veñen realizando desde os anos 70.” (M. Dopico: Galicia Hoxe, 18-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.