diglosia

Situación dun individuo ou comunidade que utiliza dúas linguas, cando unha das cales, polo xeral a lingua inicial, é considerada inferior á outra, e a lingua con máis prestixio se utiliza nas relacións sociais máis elevadas ou formalizadas.

Etimoloxía

Neoloxismo creado pola lingüística do século XIX e XX sobre o termo grego diglossos 'o que falaba dúas linguas'.

Exemplos *

"Velaí a presenza da diglosia nos personaxes, aínda viva na Galiza de hoxe, onde a nosa lingua continúa a ser lingua B fronte á presión esmagadora do castelán." (Miro Villar: "Prólogo" de Domingo de resurección)

"Se se usa só en determinados momentos ou se se usa para certos traballos o que pode suceder é, que finalice dando lugar a diglosias, ou, se así non ocorre, a converter en lingua morta unha delas por falta de uso" (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: teoría e praxe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.