dignidade

Seriedade, decoro e nobreza na maneira de ser e de comportarse

Etimoloxía

Procede do termo do latín dignitas, -atis ‘merecemento’, ‘valor’ ou ‘nobreza’.

Exemplos *

“...simplemente porque non posuían a cultura que lles podería permitir manexar os conceptos e as palabras que xustificasen a súa dignidade como persoas e como pobo, foi e seguiu sendo durante séculos o heroe secreto.” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia, 2012)

“En Galicia, o avó Estevo non exercera máis militancia que o seu ideario libertario e traballara o campo cun orgullo e unha dignidade etrusca, de caste, da que carecía o seu pai a quen só oír falar de política levábao o demo.” (Antón Riveiro Coello: As Rulas de Bakunin, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.