Caer chuvia en grandes cantidades
Etimoloxía
Vocábulo culto que provén do latín diluvio ‘inundar’.
Exemplos *
“— ¿Mañán vas ir ó marisco?
— Non faltarei aínda que diluvie como hoxe.” (Arturo Romaní: Barlovento, 1992)
“E durmiámonos co pensamento de que o día seguinte sería igual, que nunca pararía de diluviar naquelas terras condenadas.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.