Réptil que poboou a terra durante a era secundaria, xeralmente de gran tamaño, cabeza pequena e cola longa, carnívoro ou herbívoro segundo as especies.
Etimoloxía
Esta forma creouse no século XIX a partir dos elementos gregos deinós 'terrible' e sauros 'lagarto'.
Exemplos *
"O esqueleto dun dinosauro que leva máis de 100 anos no Museo Nacional de Gales en Cardiff resultou ser falso." (O Correo Galego 08-12-2000)
"Antigas lendas sostiñan que ambos países saíran dun mesmo ovo posto por un dinosauro voador xigante." (Xosé Fernández Ferreiro: O último paraíso)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.