diplomacia

Rama da política que se encarga das relacións entre estados.

Etimoloxía

Tomámolo do francés diplomatie, creado a partir de diplomatique, procedente, en última instancia, do grego diploma 'papel dobrado'.

Exemplos *

"Estes autores buscan a comunicación universal entre as persoas e os pobos para realizaren intercambios mercantís ou para o mundo da política e a diplomacia." (Teresa Moure: Herba moura)

"Porque estas cousas sempre son automáticas para a diplomacia norteamericana, que soubo do nacemento da rosa o mesmo día que a descubriu o seu dono, quizais porque alguén lle foi co conto …" (Inma López Silva: Concubinas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.