Obra de enxeñaría construída para conter as augas
Etimoloxía
Palabra que procede do neerlandés dijk.
Exemplos *
“A moi pouca distancia do dique da presa de Cecebre atópase a casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez, Villa Florentina, lugar onde o autor viviu e desenvolveu boa parte da súa actividade periodística e literaria.” (Redacción: Galicia Hoxe, 18-3-2011)
“Antes construían diques de pedra río a dentro para protexer da forte corrente as zonas pouco profundas da ribeira. Creáronse así piscinas naturais, usadas sobre todo polos rapaces.” (Úrsula Heinze: Culpable de asasinato, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


