Persoa que aprende dun mestre.
Etimoloxía
Vén da forma latina discipulus, -i 'discípulo, estudante'.
Exemplos *
"Fervíalle o espírito conmocionado por aquel son de beleza infinita e tamén polo nerviosismo do discípulo que terá que repetir, diante do mestre idolatrado, a ardua lección." (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)
"… falta luz nas escolas, a luz da sabedoría, da comprensión mutua, da participación activa dos nenos e nenas na súa educación, do respecto mutuo entre mestre e discípulo." (Paz Castro: Tempos Novos 12-05-2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.