Superficie circular e plana con que se presenta á vista o Sol, a Lúa ou outros planetas
Etimoloxía
Frase formada polo substantivo “disco” que bebe do latín discus adaptación do grego dískos ‘peso’ e o adxectivo “lunar” que remite ao latín lunaris que significado semellante.
Exemplos *
“O disco lunar completamente alumeado, grande e brillante, ponse sobre as agrestes montañas nesta paisaxe da mañanciña desde Turín, Italia.” (Dosi Veiga: GCiencia, 12-2017)
“A Lúa atópase ese día máis lonxe da Terra que no caso dunha eclipse total, de modo que o seu disco vese máis pequeno que o do Sol. En tal caso obsérvase un anel brillante rodeando o disco lunar.” (Redacción: Galicia Confidencial, 10-6-2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.