Placa circular de plástico ou metal na que se rexistran sons para logo reproducilos
Etimoloxía
Palabra que bebe da latina discus, e esta do grego dískos ‘prato’.
Exemplos *
“Pensa que ademais dos libros, os discos, as fotografías, os debuxos, tamén as escenas familiares evocadas en vellos retratos, os álbums de acuarelas, o son do mar, o recordo de Denís, forman a máis íntima xeografía da memoria.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“A música baixiña do disco que acababa de picar, do grupo The Byrds, estendeuse pola estancia coma unha mañá solleira cos seus raios anunciadores dun presente luminoso por riba da cadencia da choiva que empezaba a golpear tras os cristais.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.