Vestido e máscara que se utiliza nalgunhas festas e sobre todo no Entroido para mudar de aparencia e evitar que sexa recoñecida a persoa que o leva.
Etimoloxía
Non está clara a súa orixe, probablemente relacionada coa forma antiga desfrezar 'disimular'.
Exemplos *
"O Mozo, que levaba unha sorte de disfrace improvisado no que destacan pola súa condición choqueira o sombreiro, o nariz e o mostacho …" (Roberto Vidal Bolaño: Bailadela da morte ditosa)
""Debo disfrazarme", resolveu Ganga e remexeron no armario de Lola un disfrace aquelado." (Antón Lopo: Ganga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.