disfrazar

Vestir alguén cun disfrace // Desfigurarse ou parecer distinto do que é realmente

Etimoloxía

A orixe da palabra é controvertida, crese que está ligado ao latín vulgar *frictiare 'rozar', que bebe do clásico fricáre 'fregar '.

Exemplos *

“Eu sabía que a raíña nunca considerara impropio da súa dignidade disfrazarse con calquera disfrace de plebea para escapar das prisións ou das trampas á que a tiñan confinada.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“Aínda que prohibira disfrazarse, quen ía vixiar o que ocorría nunha aldea perdida. Nos últimos anos a xente fixérase máis destemida, mesmo as rúas da cidade andaban mestas de mascariñas.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.