disparar

Accionar o disparador dun mecanismo, especialmente unha cámara fotográfica

Etimoloxía

Voz que deriva da latina  disparāre 'separar'.

Exemplos *

“Matilda fica queda e relaxada sobre a herba, ao tempo que segue a disparar a cámara.” (Daniel Asorey: Nordeste, 2016)

“A distintas horas, con luces diferentes, desde ángulos diversos, disparei a cámara enfocada nos pavillóns e na torre, tentando un retrato que enmarcar e pór sobre a mesa de noite ou sobre a mesa de traballo alá onde fose morar ou exercer a miña profesión.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.