Gasto ou consumo excesivo e, en xeral, innecesario dalgunha cousa, especialmente de diñeiro.
Etimoloxía
Procede do latín dispendium, -ii 'gasto, perda', derivado de dispensare 'distribuír algo pesándoo'.
Exemplos *
"Está sendo economicamente un dispendio, ademais de supoñer unha perda na eficacia, o que se tomen medidas unilaterais, pois os fenómenos ecolóxicos non coñecen fronteiras." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)
"Antollo é todo aquilo que non é estrictamente necesario para sobrevivir; mesmo na comida, a máis mínima complicación tende a ser vista como sofisticación e dispendio." (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.