disposición

Precepto establecido por unha lei ou regulamento, mandato dun superior.

Etimoloxía

Procede do latín dispositio, -onis 'orde, composición', derivado de disponere 'poñer en orde, dispoñer'.

Exemplos *

"A súa vixencia persistiu coa entrada en vigor da Constitución española de 1978, ó abeiro da súa disposición derogatoria terceira, e da disposición transitoria terceira do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, xa que mentres que o Parlamento de Galicia non lexisle sobre materias da súa competencia continuarán en vigor as actuais leis e disposicións do Estado." (Baldomero Cores Trasmonte: Dereito autonómico de Galicia)

"… no Estado español tampouco se cumpriu a disposición final sétima da Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade …" (Galicia Hoxe 2007-03-31)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.