Aliviar ou facer desaparecer o estado de tensión, angustia, nerviosismo etc., que caracteriza unha situación, a relación entre dúas partes etc.
Etimoloxía
A orixe do verbo está no equivalente latino distendere que significaba ‘alongar’.
Exemplos *
“Cando a fada comprobou que a súa respiración era pausada e que todo o seu corpo se distendía baixo os efectos do sono, desprendeuse do seu abrazo, avivou o lume e meteuse na fogueira.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas, 2008)
“De alí a un chisco, o xefe dixo, canso, tentando distenderse: -Veña, vai un pito. Descansamos.” (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes/ 05.00 AM, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.