dístico

Estrofa de dous versos.

Etimoloxía

Procede do grego distikhos, -os, -on 'que ten dúas ringleiras', que combina di- 'dous' e -stikhos 'ringleira' ou 'liña de texto'.

Exemplos *

"Cada rosa é sen por qué, florece porque florece, como reza o dístico de Angelus Silesius, o místico medieval alemán e, nas palabras de Williams "Toda rosa é azar, é única .." (Galicia Internacional 03-1996)

"… cita un dístico de Marcial. Comamos, bebamos, poñámonos gordos e, cando nos chamen, fagámo-los xordos …" (Xesús Taboada Chivite: Etnografía galega, cultura espiritual)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.