Outorgar certa cousa ou agasallar a alguén como sinal de moito respecto e admiración ou como recoñecemento dos seus méritos
Etimoloxía
Termo que procede do latino distinguere que significaba ‘separar’, e logo pasou a indicar ‘discernir’.
Exemplos *
“A pintora, que foi galardoada recentemente polo Concello de Vigo nunha homenaxe a tres mulleres galegas, na que tamén se distinguiron a escritora, Mª Victoria Fernández-España e a presidenta das Nais contra a Droga, Carmen Avendaño.” (Albino Mallo: O Correo Galego, 13-2-1995)
“Con Calzados Lola, Suso de Toro gaña por fin un premio de narrativa prestixioso, moitos anos despois de que a Universidade de Santiago o distinguira co Premio Galicia polo hoxe célebre Polaroid.” (Damián Villalaín: Tempos Novos, 1-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.